Erro
  • Unable to load Cache Storage: database
  • Unable to load Cache Storage: database
  • Unable to load Cache Storage: database
  • Unable to load Cache Storage: database

GRAVADO ANTIGO

“FERIA DE SANTANDER. REGATAS” F. PRADILLA - B. RICO (MADRID, 1871)

A vista de Santander do debuxante belga Joris Hoefnagel, que viaxou por España na década de 1560-1570, inicia a colección de gravados de Cantabria, que contén preto de trescentos cincuenta exemplares. Esta panorámica está contida en De praecipuis totius universi urbibus. Liber secundus, o Civitates Orbis Terrarum, obra cumio da imprenta renacentista, publicada en Colonia a partir de 1572 polos editores George Braun e Franz Hogenberg.

Esta estampa, referente das vistas de Santander, foi reproducida posteriormente por distintos editores con modificacións na súa formulación, tal e como aparece nunha serie de gravados da colección: Rota (Venecia, 1579), Meisner (Frankfurt, 1631), Van der Aa (Leiden, 1707) ou Huquier Fils (París, ca. 1750), entre outros.

Da primeira metade do século XIX destacan catro gravados, dous deles de Santoña –“A View of Santoña, in Spain...” augatinta de gran tamaño, impresa por Orme (Londres, 1813) e “Vue de Santona”, litografía realizada no obradoiro de Langlumé (París 1840)–. As outras dúas estampas –“Santander, a Sea Port, on the north coast of Spain...” que aparece na obra Views in Spain and Portugal de George Cumberland (Londres,

1823) e “Vue de Santander. Ports de mer d´Europe-Espagne” de Adolphe Jourdan, impresa e publicada polo empresario parisiense Turgis cara a 1860– son tamén litografias.

A partir de 1850, a colección reflicte unha serie de aspectos que engaden a ésta un valor documental e testemuñal da Cantabria da época. Xorden imaxes de pazos, casas grandes, monumentos, acontecementos sociais ou históricos, os Baños do Sardinero, as visitas dos reis, as feiras e festas de Santander, paisaxes urbanas e cincuenta e oito imaxes referidas á catástrofe da cidade acontecida en novembro de 1893, publicadas en revistas ilustradas de París, Milán, Frankfurt, Barcelona e Madrid. Tamén aparecen novas vistas de Santoña, Laredo, Castro Urdiales, Santillana del Mar, Comillas e San Vicente de la Barquera. Estas estampas móstrannos a riqueza dunhas imaxes concibidas no século XIX por debuxantes como Pérez del Camino, Pellicer, Gil, Vázquez, Riudavets, Balaca, Vierge, Caula, Meléndez ou Miranda e gravadores do talle de Laporta, Rico, Capuz, Manchón, Marichal, Severini ou Vilaplana.