Erro
  • Unable to load Cache Storage: database
  • Unable to load Cache Storage: database
  • Unable to load Cache Storage: database
  • Unable to load Cache Storage: database

1700-1713 A GUERRA DE SUCESIÓN Á COROA DE ESPAÑA
22 OUTUBRO 1702-LA BATALLA DE RANDE
ATTAQUE DES GALIONS D’ESPAGNE ET D’UNE ESCADRE
FRANÇAISE À VIGO PAR LA FLOTTE COMBINÉE
D´ÀNGLETERRE ET DE HOLLANDE EN 1702

D. DE LA FEUILLE? (ÁMSTERDAM,ca. 1702)

A contenda entre as frotas franco-española e anglo-holandesa na baía de Vigo, en outubro de 1702, acción que se desenvolve en pleno período da Guerra de Sucesión Española (1700-1713), represéntase nun conxunto de documentos procedentes de Ámsterdam, A Haia, Frankfurt, Nuremberg, Augsburgo e París, publicados ao longo do século XVIII, principalmente no primeiro terzo. Así mesmo, forman parte da colección seis mapas nos que se sitúa o teatro das operacións dos coñecidos editores Nicolas de Fer de París, Christopher Browne de Londres, Gabriel Bodenerh de Augsburgo e Iacobum Robyn, Carolus Allard e Pierre Mortier de Ámsterdam.

Unha das pezas máis sobresaíntes é a estampa “Representatio belli ob successionem in Regno Hispanico Auspicis...” , da magna obra de Jeremías Wolf (Augsburgo, ca. 1720), na que interveñen reputados artistas como Paul Decker e Johann August Corvinus. Igualmente sobresaen outras obras de destacados gravadores,

debuxantes e editores, como Jonathan Felbeckers de Nuremberg, Daniel de la Feuille e Pieter Shenk de Ámsterdam, Johann Joachim Müllern de Frankfurt, Anna Beek e Jan van Call de A Haia e Bouclet, Aubert, Nicolas-Marie Ozanne e François Jacques Dequevauviller de Paris, entre outros.

No ano 2002, do 26 de xullo ao 8 de novembro, lévase a cabo a exposición “Rande 1702. Arde ou Mar” con motivo da inauguración do Museo do Mar de Galicia en Alcabre, Vigo. Importantes institucións de Francia, Holanda, Reino Unido e España colaboran no evento, ao igual que a colección Puertas-Mosquera de Rande, cuxas imaxes forman parte do catálogo que se publica.