Erro
  • Unable to load Cache Storage: database
  • Unable to load Cache Storage: database
  • Unable to load Cache Storage: database
  • Unable to load Cache Storage: database

GRAVADO ANTIGO

“FORT SAINT-ANTOINE A LA COROGNE” J. TAYLOR - R. WALLIS (PARÍS, 1826)

Preto de mil gravados –augafortes, cobres, aceiros, xilografías, litografías, augatintas ou tallas doces– conforman este repertorio de imaxes, que mostran aspectos da vida cotiá, oficios, cidades e vilas, paisaxes urbanas, festas, folclore, acontecementos sociais e históricos, escenas de mar, a pesca, a chegada do ferrocarril a Galicia, os peregrinos a Compostela, etc., así como unhas cincuenta estampas do Apóstolo Santiago dende 1660 a 1900.

Estes gravados constitúen individualmente o reflexo da súa época, pero en conxunto mostran a evolución do país e as súas xentes. Ao carácter artístico debemos engadir, o seu valor documental, que nos permite descubrir a Galicia do século XIX, vista a través dos ollos daqueles debuxantes e gravadores españois e estranxeirosque visitaron estas terras e que permitiron crear un Dicionario de Artistas

–debuxantes, gravadores, impresores e editores– con preto de setecentas entradas. Nomes como Avendaño, Brocos, Carretero, Ávila, Gil Rey, Mayer, Villaamil, Meléndez, Guisasola ou Cuevas, todos eles nacidos ou moi vinculados a Galicia, ou Baldi, Ford, Vivian, Wigran, Mason ou Bone, como parte daqueles estranxeiros que nos visitaron, son algúns dos artistas que conforman esta colección.

No ano 2007, do 19 de outubro ao 2 de decembro, expúxose unha parte da colección no Colexio de Fonseca de Santiago de Compostela e publicouse un catálogo con preto de setecentas imaxes.